O Poio Pescamar quere consolidar a súa cuarta praza en Murcia

Poio
13 de decembro 2019

As de Raul Jimenez mídense este sábado, ás 18 horas, ao STV Roldán, que loita pola permanencia

Clara, no partido entre Poio Pescamar e Xaloc Alacant na Seca
Clara, no partido entre Poio Pescamar e Xaloc Alacant na Seca / Diego Torrado

O Poio Pescamar visita este sábado, ás 18 horas, ao STV Roldan murciano. As de Raúl Jiménez mídense a un rival inmerso na loita pola permanencia, mentres que o cadro vermello, que acaba de escalar á cuarta praza, ten como obxectivo clasificarse para o play-off polo título de liga.

"É unha pista moi dura, o equipo poñeránolo moi difícil. Temos que estar concentradas para conseguir tres puntos moi importantes", declarou Daniela antes de enfrontarse ao equipo de Murcia. Coa última vitoria, as de Jiménez ascenderon á cuarta praza, algo que para Daniela significa que "cada dia estamos a crecer máis e queremos manter o nivel".

A falta de dous partidos para concluír a primeira volta, as da Seca visitan unha cancha que coñecen moi ben Clara e Miriam, debido a que co Roldán conseguiron os títulos de liga e copa de Europa. Despois de perder ao seu principal patrocinador, os obxectivos do Roldán son agora moito máis humildes pero aínda así esperan poñer en aprietos ás galegas.

A convocatoria fórmana Caridade e Silvia en portería, Mirian, Clara, Carol, Irene García, Iria saeta, Daniella Sousa, Andrea Feijoo, Ana Rivera e Anna Escribano.