A oitava xornada de liga está ao virar a esquina para Poio Pescamar e Marín Futsal, que se medirán este sábado, respectivamente, a Rayo Majadahonda e Joventut d'Elx.
As vermellas reciben no seu feudo, despois de máis dun mes sen xogar ante a súa afección, ao cadro madrileño (A Seca, 18:30 horas), clasificado na 12 posición da Primeira División con só dous partidos gañados e cinco perdidos.
Parece un partido alcanzable para as de López-Tulla, que están de doce e buscarán alongar a súa boa serie para así seguir pelexando por manterse na terceira praza da categoría, onde se atopa nestes momentos con 18 puntos. Primeiro e segundo están Atlético Navalcarnero e Burela, empatados a 21 puntos, e cuarto está o Futsal Sumidoiro, con só tres puntos menos que o Poio Pescamar.
O Marín Futsal, pola súa banda, desprazarase esta fin de semana a terras alacantinas para medirse a partir das 18:45 horas ao Joventut d'Elx, pechacancelas da liga con tan só un partido gañado e seis perdidos.
As pupilas de Ramiro Díaz buscarán esquecer a derrota avultada ante o Burela da xornada pasada e afrontan esta cita "con ganas de realizar un bo partido e sumar tres puntos".
Os dous partidos poderanse seguir a través de Live Vuvuzela.