O Poio Pescamar supera a Bembrive e Viaxes Amarelle nas primeiras probas de pretempada

Poio
29 de agosto 2021

Manu Cossío contou para as citas coas recentemente incorporadas Lucía Gómez, Martita e Anna Escribano (Viaxes Amarelle); Luisa Mayara e Jane Marques (Burela); e coas xogadoras destacadas a pasada campaña como foron Dani Sousa, Julia Dupuy, Chiesa, Irene García e Ana Rivera

Partido amigable entre Poio Pescamar e Viaxes Amarelle na Seca
Partido amigable entre Poio Pescamar e Viaxes Amarelle na Seca / Viaxes Amarelle

Pleno de vitorias para o Poio Pescamar nos seus dous primeiros duelos de pretemporada. O venres desprazáronse a Vigo para enfrontarse ao Bembrive e o sábado recibiron no Pavillón da Seca ao recentemente ascendido Viaxes Amarelle.

Despois de varias semanas de adestramento e de asimilación de conceptos, o equipo conserveiro afrontou o seu primeiros test amigables para preparar unha nova tempada na que aspiran a entrar no play-off polo título de liga.

Manu Cossío contou para as citas coas recentemente incorporadas Lucía Gómez, Martita e Anna Escribano (Viaxes Amarelle); Luisa Mayara e Jane Marques (Burela); e coas xogadoras destacadas a pasada campaña como foron Dani Sousa, Julia Dupuy, Chiesa, Irene García e Ana Rivera.