O Poio Pescamar visita este sábado ás 19 horas ao Alcorcón nunha cita chave para manter o seu posto de play-off polo título. O triunfo fronte ao Móstoles na xornada anterior serviu para levantar os ánimos do equipo que tratará de sumar outros tres puntos que poñan terra polo medio cos perseguidores Alcorcón e Roldán.
Esta xornada servirá para pechar a primeira volta da fase polo título, na que o Poio Pescamar acumula un empate, unha derrota e unha vitoria. En cuarta posición, as de Cossío contan cunha vantaxe dun punto sobre o Roldán, mentres que o coeficiente faio estar por detrás do Melilla, terceiro clasificado cun punto menos pero mellor coeficiente que as rojillas, que xogaron un partido máis na primeira fase.
Con cinco partidos por disputar, o Poio Pescamar tratará de seguir facéndose forte na Seca e conseguir o maior número de puntos a domicilio para facer realidade o obxectivo de disputar a final four, na que estarán con total seguridade o Burela e o Atlético Navalcarnero, líderes destacados.