O Poio Pescamar viaxa a Murcia coa sexta praza en xogo

Poio
17 de marzo 2017

Despois de dúas derrotas consecutivas as vermellas renden visita este sábado (12:00 horas) ao Jimbee Roldán, rival que lle avantaxa nun só punto na clasificación da Primeira División Feminina e que ocupa a sexta posición

Marcio Santos, no partido entre Poio Pescamar e Leganés na Seca, despediuse da afección
Marcio Santos, no partido entre Poio Pescamar e Leganés na Seca, despediuse da afección / Diego Torrado

Dúas xornadas acumula o Poio Pescamar sen vencer, ademais da maneira máis cruel tras caer en Móstoles no último suspiro e ver como o Universidad de Alicante lle remotaba con polémica na súa pista. Por iso o cadro vermello quere reforzar a súa candidatura aos postos que dan acceso a final de liga á Copa de España vencendo agora a un rival directo.

O Poio Pescamar visita este sábado (12:00 horas) ao Jimbee Roldán coa sexta praza en xogo, lugar que ocupa o conxunto murciano cun só punto de vantaxe sobre as pontevedresas.

Marcio Santos contará coa baixa da lesionada Jessi Lores para un choque que se prevé igualado e no que as locais tamén contarán cunha ausencia por lesión, a de Ángela Gorriz.

Este partido da Primeira División Feminina poderá seguirse en directo pola segunda canle da Televisión de Galicia.