O Poio Pescamar viaxa á Rioxa para pechar unha sobresaliente primeira volta

Poio
20 de xaneiro 2017

O equipo vermello viaxa con todo o seu potencial á cancha do pechacancelas coa intención de pechar a primeira volta da liga entre os oito primeiros clasificados

Adestramento do Poio Pescamar na Seca
Adestramento do Poio Pescamar na Seca / Cristina Saiz

A Rioxa (sábado, 18:00 horas) é a última parada do Poio Pescamar na primeira volta da competición na Primeira División feminina de fútbol sala.

O cadro vermello ten na súa man pechar unha metade de liga histórica, a súa mellor primeira volta na máxima categoría.

De gañar, as pontevedreses colocaríanse con 24 puntos, e de paso consolidaríanse na oitava praza, que daría acceso a final de liga a disputar a Copa, principal obxectivo da tempada.

A loita por entrar nos oito primeiros está a ser moi igualada, polo que o Poio quere deixar atrás canto antes o inesperado tropezo da última xornada ante o Rubí.

Marcio Santos conta con todo o plantel dispoñible para a cita, na que tentarán sumar tres importantes puntos na cancha do pechacancelas da competición, xa que o FSF Rioja só gañou un encontro na presente tempada.