O Poio Pescamar volve á competición en Ourense

Poio
11 de xaneiro 2019

O conxunto vermello afronta este sábado a primeira xornada de liga do ano visitando a pista dun rival directo, o Ourense Envialia

Partido entre Poio Pescamar e Majadahonda FSF
Partido entre Poio Pescamar e Majadahonda FSF / Diego Torrado

Volve a competición á Primeira División de Fútbol sala e con iso retoma a actividade o Poio Pescamar.

O conxunto vermello afronta este sábado (17:00 horas) a primeira xornada ligueira de 2019 e faino na pista dun rival directo, o Ourense Envialia.

Tanto o Poio como o seu rival están empatados a puntos na táboa, con 25, en quinto e sexto lugar, e unha vitoria supoñería consolidarse en postos de Copa.

En fronte estará un vello coñecido do cadro conserveiro, o que fóra o seu adestrador Gonzalo Iglesias 'Morenín'.

Pola súa banda Dani Díaz poderá contar con todas as súas futbolistas dispoñibles a excepción da lesionada Antía.