O Poio Pescamar volve á realidade ligueira en Gironella

Poio
21 de outubro 2016

O cadro vermello esquécese do ambiente festivo que deixou o paso da Selección Española por Poio para afrontar unha esixente saída co obxectivo de asentarse na zona nobre da Primeira División

Adestramento do Poio Pescamar na Seca
Adestramento do Poio Pescamar na Seca / Cristina Saiz

Despois do ambiente festivo que provocou o paso da Selección Española Absoluta Feminina polo municipio, o Poio Pescamar retoma a actividade ligueira. 

Faio co obxectivo de recuperar posicións na táboa e asentarse de novo na zona nobre, e para iso o cadro vermello debe deixar atrás as dúas xornadas que encadea sen gañar nunha saída que se antolla complicada, á pista do Esplugues Gironella de Barcelona (sábado, 18:00 horas).

Marcio Santos poderá contar con todo o plantel para a cita, nunha convocatoria na que figuran: Silvia, Sara, Charo, Jenny, Carol, Jessi Lores, Patri Corral, Suki, Jessi, Ceci e Ale de Paz.

O Poio Pescamar viaxa en avión ata Barcelona o mesmo día do partido para enfrontarse a un rival ao que lle saca 4 puntos na táboa pero que conta cun partido menos e chega tras vencer na Rioxa na pasada xornada.