O Pontevedra atopa substituto para Bustos, o extremo Jorge Fernández

Pontevedra
22 de agosto 2020

O club granate fixo oficial a fichaxe do extremo zurdo Jorge Fernández, que chega procedente do Calahorra, equipo co que competiu o último curso na Segunda División B, participando en 26 encontros (todos eles como titular) e anotando seis goles

Jorge Fernández, nunha foto co Calahorra
Jorge Fernández, nunha foto co Calahorra

Coa saída de Bustos a pasada fin de semana, o Pontevedra CF púxose ao choio na procura dun xogador que puidese substituír ao xixonés e atopouno.

O club granate fixo oficial este sábado a fichaxe do extremo Jorge Fernández, que chega procedente do Calahorra, equipo co que competiu o último curso na Segunda División B. Na liga terminada de maneira anticipada pola pandemia da Covid-19, o xogador participou en 26 encontros (todos eles como titular) e anotando seis goles.

Trátase dun xogador veterano, de 30 anos, que conta cunha longa traxectoria deportiva na categoría de bronce, onde disputou 321 partidos en equipos como o Lealtad, Zaragoza B ou Sporting B e marcou 40 goles.