O Pontevedra e a Deputación renovan o seu acordo de patrocinio

Pontevedra
22 de xuño 2024

A Deputación de Pontevedra e o Pontevedra Club de Fútbol asinaron esta semana a renovación do convenio de colaboración polo que a entidade provincial aportará 160.000 euros para a tempada 2024-2025  

Sinatura do convenio de colaboración entre Deputación e Pontevedra para a tempada 24/25
Sinatura do convenio de colaboración entre Deputación e Pontevedra para a tempada 24/25 / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e o Pontevedra Club de Fútbol asinaron esta semana a renovación do convenio de colaboración polo que a entidade provincial aportará 160.000 euros para a tempada 2024-2025.

Cabe recordar que dende hai varios anos a institución provincial é o principal patrocinador do club granate, contando co seu logo na parte frontal da camiseta do primeiro equipo.

O presidente provincial, Luis López, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez, recibiu no seu despacho á presidenta do club granate, Lupe Murillo, para asinar este acordo e analizar as circunstancias que afectan a entidade e seguir estreitando os lazos de colaboración entre as dúas entidades.

"O Pontevedra é o principal patrocinador que temos na Deputación, é o noso equipo", argumentou Luis López despois da sinatura.

Neste sentido, o presidente tende a man ao principal equipo deportivo da capital da provincia para seguir cooperando no futuro, agradecendo ademais a vontade de colaboración que sempre tivo o club. "É moi doado colaborar co Pontevedra", indicou á vez que agradeceu as "facilidades" ofrecidas polo club á hora de organizar en Pasarón o pasado mes de decembro o partido da Selección Española Feminina.

Lupe Murillo pola súa banda agradeceu o apoio da Deputación para "seguir facendo un club grande da man de todos os pontevedreses" e comprometeuse a "seguir traballando para que o equipo da capital da provincia continúe sendo un referente".