A solidariedade dos afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol chega ao seu destino.
O club granate comezou a repartir os preto de 600 quilos de alimentos non perecedoiros que foron recadados no Estadio Municipal de Pasarón coincidindo coa que foi a última xornada do ano na casa, no encontro contra o Rayo Majadahonda.
Para incentivar a participación o Pontevedra deu a opción aos seus socios de entrar cun acompañante de balde se entre os dous doaban un mínimo de 3 quilos de alimentos.
De todo o recadado, 300 quilos foron entregados xa á sede pontevedresa do Banco de Alimentos, mentres que a outra metade do recolleito será doado a Cáritas.
Máis de 300kg de productos recollidos o domingo en Pasarón foron doados onte ao Banco de Alimentos de Pontevedra para as familias máis necesitadas nestas datas tan especiáis
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) December 13, 2022
Moitas grazas a todos os que aportáchedes o voso grao de area para a causa pic.twitter.com/yHUPecjqsN