O Pontevedra CF fixo oficial a incorporación ata final de tempada do extremo esquerdo Gonzalo Bueno.
Procedente do Central Español FC uruguaio, o xogador de 30 anos chega ao equipo granate para reforzar os postos de ataque e axudar ao equipo para conseguir a permanencia.
Gonzalo Bueno ten 30 anos e conta cunha longa traxectoria profesional ás súas costas. Militou en varios equipos de Uruguai e tamén xogou na liga española, vestindo as cores do Almería durante a tempada 2019-2020.
Foi internacional sub-20 e sub-23 coa súa selección e ten experiencia en Europa. Tamén militou en Portugal co Madeira.
O xogador será presentado este luns ás 13:00 horas en Pasarón.
OFICIAL | Informamos de la incorporación hasta final de temporada del jugador procedente del Central Español FC uruguayo Gonzalo Bueno,futbolista zurdo que puede actuar en los 3 perfiles de ataque #BenvidoGonzalo pic.twitter.com/Xi2Ap6IDmt
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) February 12, 2023