O Pontevedra organiza unha viaxe para que os seus afeccionados acompañen o equipo en Vigo

Pontevedra
07 de marzo 2018

As prazas para o desprazamento organizado polo club en autocar poderán reservarse ata as 14:00 horas do venres nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón

Afeccionados do Pontevedra no campo do Vao, en Vigo
Afeccionados do Pontevedra no campo do Vao, en Vigo / Diego Torrado

Só un punto separa a Pontevedra e Coruxo na clasificación, no medio dunha loita encarnizada por eludir o descenso de categoría. Por iso o choque do próximo sábado (17:00 horas) no estadio vigués do Vao pódese considerar de vital para ambos os dous.

Así o entendeu tamén o club granate, que decidiu poñer a disposición dos seus afeccionados un desprazamento organizado para que acompañen ao equipo en tan transcendental cita.

A viaxe e a entrada para o encontro terá un custo de 20 euros (15+5), mentres que en caso dos menores de 15 anos, dado que accederán ao de balde, só deberán abonar o custo da praza no autocar (5 euros).

Os afeccionados partirán ás 15:30 horas do sábado desde o Pavillón Municipal dos Deportes para regresar á conclusión do choque.

Os interesados neste desprazamento organizado poderán anotarse ata as 14:00 horas do venres nas oficinas do Estadio Municipal de  Pasarón, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.