O Pontevedra pon rumbo a Logroño coa intención de gañar a condición de aspirante

Pontevedra
18 de marzo 2016

Os granates, con Lluís como porteiro suplente, visitan este sábado (20:00 horas) á Unión Deportiva Logroñés, terceiro clasificado que se atopa a seis puntos na táboa. Tomás, Pedro García, Queijeiro e Miguel quedan fóra da convocatoria xunto aos lesionados Capi e Carnero

Luisito durante un adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Luisito durante un adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Daniel Santomé

Non é un partido definitivo, segundo defende Luisito por unha banda e Carlos Pouso pola outra, pero ninguén esconde a importancia do choque deste sábado (20:00 horas) entre Logroñés e Pontevedra no Estadio de Las Gaunas.

A pesar da que a presión para xogar o play-off apenas existe na casa granate, un triunfo colocaríalle como serio aspirante a iso no tramo final de tempada, xa que quedaría a só tres puntos da fase de ascenso, mentres que os locais non queren descolgarse da pelexa polo primeiro posto e de paso pretenden afastar ao quinto clasificado.

A expedición pontevedresa puxo rumbo á Rioxa este venres tras un temperán adestramento no campo da Xunqueira, e fíxoo con algunha ausencia destacada como a de Company, que segue sen recuperarse completamente da luxación de cóbado que lle apartou do equipo tras dúas semanas no once.

No seu lugar viaxa Lluís como gardameta suplente. Ademais caen da convocatoria Queijeiro, Pedro García, Tomás e os lesionados Capi e Carnero, polo que a lista de 16 queda composta por: Edu, Lluís, Adrián, Bruno, Verdú, Campillo, Pablo, Kevin Presa, Jandrín, Álex Fernández, Borjas, Jacobo, Anxo, Hugo, Bello e Mouriño.

Pola súa banda Carlos Pouso non poderá contar por lesión no Logroñés cun dos seus homes máis utilizados, o centrocampista Iker Alegre, e que ademais atravesaba un grande estado de forma como demostran os cinco goles conseguidos no último mes.

O encargado de arbitrar o encontro será o colexiado valenciano Vicente Gil Coscolla.