O Pontevedra repartirá máscaras personalizadas entre os socios

Pontevedra
23 de maio 2020

Co obxectivo de que cumpran coas normas sanitarias e garantir a súa seguridade, desde o club granate entregarán unha máscara por cada socio que presente o seu carné nas oficinas de Pasarón en horario de 11:00 a 14:00 horas deste sábado, ou entre as 10:00 e as 14:00 horas do luns

Máscaras que repartirá o Pontevedra CF entre os seus socios
Máscaras que repartirá o Pontevedra CF entre os seus socios / Pontevedra CF

O Pontevedra CF anunciou este venres que repartirá máscaras personalizadas entre os seus socios.

Co obxectivo de que cumpran coas normas sanitarias e garantir a súa seguridade, desde o club granate entregarán unha máscara por cada socio que presente o seu carné nas oficinas de Pasarón en horario de 11:00 a 14:00 horas deste sábado, ou entre as 10:00 e as 14:00 horas do luns.

Os modelos das mesmas, son de adulto e de neno, para que así os socios máis pequenos non queden sen a súa.