O Pontevedra Rugby Club queda sen Copa Xunta

Pontevedra
18 de maio 2016

Dous dos equipos do club pontevedrés, o absoluto e o sub-14, disputaron a final da competición en Monte Porreiro, pero víronse superados polos seus respectivos rivais

Final da Copa Xunta entre Pontevedra Rugby Club e Os Ingleses
Final da Copa Xunta entre Pontevedra Rugby Club e Os Ingleses / Diego Torrado

Foi unha grande xornada de rugby a que se viviu este martes no campo de Monte Porreiro, pero non tivo final feliz para o Pontevedra Rugby Club.

Dous dos equipos do club pontevedrés, o absoluto e o sub-14, estaban clasificados para a final da Copa Xunta, pero non lograron facerse co título.

A xornada comezou precisamente coa categoría máis nova, a sub-14, na que o PRC viuse superado con claridade ante o Universidade de Vigo (5-52).

Tras este partido xogouse a final sub-18, na que Os Ingleses saíu vitorioso ante Universidade de Vigo, e a final feminina, na que gañou o conxunto vigués ante o Club Rugby Lalín.

No último choque, a final absoluta masculina, a igualdade foi máxima entre Pontevedra Rugby Club e Os Ingleses, pero o cadro de Vilagarcía foi mellor no tramo final levou o título (7-19).