O Pontevedra, sen complexos ante a visita do Cádiz na Copa do Rei

Pontevedra
06 de xaneiro 2021

Os granates estrean o seu 2021 recibindo a unha Primeira División no Estadio Municipal de Pasarón (xoves, 19.00 horas) coa ilusión de seguir avanzando no torneo do K.O. e "conseguir el premio gordo" de enfrontarse a Real Madrid ou Barcelona

Adestramento do Pontevedra
Adestramento do Pontevedra / Pontevedra Club de Fútbol

O ano 2021 estréase cun partido de 'Primeira' para o Pontevedra Club de Fútbol, que este xoves 7 de xaneiro (19.00 horas, DAZN) recibe o Cádiz na segunda rolda da Copa do Rei.

Os granates chegan á cita sen complexos, tras superar o Cartagena na primeira eliminatoria, e soñando con "ser capaces de hacerlo bien y pasar" porque "podríamos tener el premio gordo", recoñece o adestrador Jesús Ramos sobre a posibilidade de enfrontarse na seguinte rolda, en caso de avanzar, a Real Madrid ou Barcelona.

"Es una competición que para nosotros es bonita para jugar", sinala Ramos, sen querer mirar polo momento cara ao importante encontro de liga o domingo fronte ao Guijuelo. "Tampoco es que llevemos una cantidad de partidos enormes, aunque jueves y domingo a la hora de recuperar si que nos puede costar un poco".

O adestrador marinense espera ver "dos modelos de juego muy parecidos" sobre o céspede de Pasarón, ao ser o Cádiz "equipo que no arriesga mucho con pelota, que le gusta replegar y salir al contragolpe", analiza.

A principal incógnita no Pontevedra pasa polo centro do campo, coas baixas por lesión de Romay e Adrián Cruz na medular á que se suma a do futbolista que deu positivo por  Covid e que tampouco estará na convocatoria.

Tamén compareceu na previa ao duelo o preparador cadista, Álvaro  Cervera, afirmando sobre os granates que son "un buen equipo que tiene jugadores reconocidos que conocemos de otras temporadas en otros equipos. Tienen un gran campo y nos van a dar guerra".

Cervera avanza cambios no seu once, tras o partido de liga xogado o luns en Mestalla. "Haremos algunos cambios, tanto por el partido del Valencia como por el que viene", pero "vamos a por la eliminatoria. Somos unos profesionales y el Cádiz siempre sale a ganar", asegura.

O encontro poderá contar con 500 espectadores nas bancadas de Pasarón, o máximo permitido no actual nivel de restricións no que se atopa a cidade.