O Pontevedra ten máis socios que todos os campións de Terceira División

Pontevedra
02 de xullo 2013

A pesar do importante descenso da súa masa social, o club granate supera en número de socios á totalidade de equipos que resultaron campións nos distintos grupos de Terceira División, mantendo tamén unhas cifras moito maiores que as de todos os seus rivais no grupo galego, aos que tamén supera amplamente en presuposto. Mesmo se a comparación se fai cos compoñentes dos catro grupos da categoría superior, os granates teñen un número de subscritores maior que a gran maioría de clubs

Moito vénse especulando sobre o respaldo social, o número de socios, que mantén o Pontevedra. Que se a cifra é de 1.400, logo corrixida polo actual presidente en funcións para establecela en 2.300. O certo é que a filtración do acontecido na reunión mantida no Parador de Turismo a pasada semana, sobre a necesidade de seguir en Terceira División outros tres anos, porque o número de socios non dá para máis, non sentou nada ben á afección.

Como a frialdade dos datos é mellor que calquera comentario ou opinión ao respecto, e tendo en conta a realidade que demostra que os rivais do Pontevedra e mesmo moitos de categoría superior teñen menor afluencia de espectadores que o conxunto granate, aínda a pesar do notable descenso consecuencia da inestabilidade e estado de permanente convulsión en que segue vivindo a entidade nos últimos anos, PontevedraViva quixo recompilar nun estudo a situación dos rivais do Pontevedra. O resultado é, non por esperado para calquera que siga habitualmente o fútbol de preto, menos sorprendente.

Así, o Pontevedra supera non só en número de socios (tomando como base o dato de 2.300 facilitado polo mesmo Presidente en funcións), senón tamén en presuposto económico (recordemos que se presentou á Xunta de accionistas un presuposto que supera os 600.000 euros) á totalidade dos que foron os seus competidores da pasada tempada en Terceira División, incluído o campión, Rácing de Ferrol, sendo este o único club que se lle achega, sequera lixeiramente. O resto quedan a unha distancia que poderiamos cualificar de abismal.

Para non nos estender demasiado, excluímos do seguinte cadro os equipos descendidos, así como os filiais, Celta B e Deportivo B, por non ter os seus números separados dos do primeiro equipo. Do resto, ordenados segundo o seu posto clasificatorío, este é o resultado:

EQUIPO Posto Número socios Presuposto
Rácing de Ferrol 1.600 533.000 ⿬
Compostela 540 250.000 ⿬
As Pontes 600 200.000 ⿬
ÿrdenes 500 185.000 ⿬
Rápido Bouzas 500 260.000 ⿬
Alondras 700 190.000 ⿬
Villalbés 10º 650 110.000 ⿬
Cerceda 11º 450 195.000 ⿬
Somozas 12º 265 185.000 ⿬
Betanzos 13º 600 100.000 ⿬
Barbadás 14º 450 110.000 ⿬
Negreira 15º 400 145.000 ⿬
Dorneda 16º 390 110.000 ⿬

 

O mesmo criterío utilizamos para a análise do resto de grupos de Terceira División, se ben neste caso unicamente achegamos os datos dos clubs que resultaron campións dos seus respectivos grupos, excluíndo igualmente os filiais. Aclarar que neste caso non podemos comparar os datos económicos, xa que moitos dos clubs non publican os seus presupostos, pero si o facemos co número de socios de cada un, encontrándonos igualmente cun dato contundente, como é que o Pontevedra supera igualmente en respaldo social a todos os campións de todos os grupos de Terceira División:

EQUIPO Número socios Presuposto
Tuilla 300 121.000 ⿬
Tropezón 400  
Laudio 560  
Puerta Bonita 180  
Burgos, C.F. 1.720  
C.D. El Palo 250  
Algeciras 1.200  
Peña Deportiva 600  
La Hoya Lorca 300 150.000 ⿬
Extremadura 1.100  
AD San Juan 300 71.000 ⿬
Haro Deportivo 600  
Sariñena 266 95.000 ⿬
Toledo 1.690  

 

Hai que destacar que bastantes destes equipos conseguiron o ascenso, pero especialmente sorprenden casos como os da AD San Juan ou o Sariñena, cuxos presupostos nin sequera chegan aos 100.000 euros, ou os Del palo, ascendido co respaldo de só 250 socios, ou Laudio, igualmente ascendido con só 560 socios, por non falar do Porta Bonita, que conta unicamente con 180 subscritores.

Pero as sorpresas na comparativa realizada non rematan na Terceira División. Realizamos igualmente estudo dos equipos integrantes dos catro grupos de Segunda B, excluíndo aqueles que descenderon ou promoveu, entender que o obxectivo mínimo do Pontevedra en caso de ascenso debe ser a permanencia. Dese modo quédannos, dos 80 participantes, 60 equipos. Destes deixamos igualmente á marxe os 12 filiais, polas razóns apuntadas anteriormente e quédanos un total de 48 equipos participantes. Deses 48 equipos, o Pontevedra ou ben supera ou practicamente se equipara en número de socios a 35 deles, os cales reflectimos no cadro seguinte, algún, como o caso do Real Xaén, despois de conseguir o ascenso a Liga Profesional:

EQUIPO Posto Número socios Presuposto
C.D. Leganés 2.861  
Caudal Deportivo 1.000 470.000 ⿬
Fuenlabrada 600  
Coruxo 1.400  
Marino Luanco 11º 600  
Ourense 12º 2.265  
Real Avilés 14º 1.800 700.000 ⿬
Guijuelo 15º 800  
Barakaldo 2.125  
Amorebieta 500  
Tudelano 900 581.762 ⿬
S.D. Noja 400  
S.D. Logroñés 10º 1.050 529.000 ⿬
Sestao Ríver 12º 1.230 598.000 ⿬
Gimnástica 13º 1.750  
Peña Sport 15º 500 575.000 ⿬
Hospitalet 800  
Huracán Valencia 530  
Alcoyano 2.600 800.000 ⿬
Olimpic Xátiva 800 500.000 ⿬
Llagostera 10º 350  
Atl. Baleares 11º 1.800 800.000 ⿬
A.E. Prat 12º 400  
Reus Deportiu 14º 800  
Ontinyent 15º 1.000  
Real Jaén 2.405  
Lucena 1.200  
B. Linense 1.800  
San Fernando 1.230  
ÿcija 1.000  
Melilla 1.200  
La Roda 10º 600  
Atl. Sanluqueño 11º 1.100  
Cacereño 12º 1.500  
Arroyo 15º 800 290.000 ⿬

 

Destacar tamén aquí que clubs con menos de 500 socios compiten con solvencia e con presupostos menores que o Pontevedra, caso do Caudal Deportivo, chegan a disputar o play-off de ascenso a Liga Profesional.

Do que se deduce que o resultado tamén neste caso é concluínte: pódese competir, e mesmo aspirar a cotas maiores como o play-off ou o ascenso, con menor masa social e presuposto que os que actualmente ten o Pontevedra. Outra cousa é, claro está, a capacidade de xestión dos dirixentes que teña cada club.