O Pontevedra viaxa a Zamora para disputar "un dos partidos máis atractivos que pode haber nesta categoría"

Pontevedra
13 de outubro 2023

O Pontevedra Club de Fútbol ten este domingo uno deses partidos aos que a todo xogador gustaríalle disputar. Viaxan a Zamora (18:30 horas) para medirse ao único equipo invicto da categoría e que ademais non encaixou ningún gol nas seis xornadas disputadas ata o momento, polo que para Yago Iglesias será un encontro "de esixencia máxima" ante "un rival de moito nivel en todos os sentidos"  

Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e Guijuelo en Pasarón
Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e Guijuelo en Pasarón

O Pontevedra Club de Fútbol ten este domingo uno deses partidos aos que a todo xogador gustaríalle disputar. Viaxan a Zamora (18:30 horas) para medirse ao único equipo invicto da categoría e que ademais non encaixou ningún gol nas seis xornadas disputadas ata o momento, polo que para Yago Iglesias será un encontro "de esixencia máxima" ante "un rival de moito nivel en todos os sentidos".

Para este enfrontamento, o conxunto castelán-leonés optou por unha promoción para encher o estadio e "iso fala da importancia do partido tamén para eles", explicou o técnico granate, e aínda que "é moi pronto pola xornada que é, é un dos partidos máis atractivos que pode haber nesta categoría".

E é que no verde mediranse o mellor ataque contra a mellor defensa, sendo o Zamora "un equipo moi intenso, organizado e ordenado ao que lle xeran pouco. Aí estará a clave", indica Iglesias, "a nosa idea é a de seguir sendo ese equipo que xera, pero sabemos a dificultade que hai e aí é onde está ese reto de ilusión que poñemos entre semana. Se facemos a nosa mellor versión, sendo un equipo que xera moito e marca, imos poder facer un bo partido".

Con todo, a pesar de que os granates chegan á cita enganchados nunha dinámica moi positiva despois de gañar a pasada fin de semana o seu primeiro partido fóra de casa ante o Coruxo... Non todo son boas noticias para eles. "Desde que comezamos foi a semana con máis contratempos en canto a baixas físicas, con xogadores que terminaron a xornada pasada con molestias e o partido do filial entre semana, que nos condicionou a semana traballo", lamenta o técnico.

Por iso, a convocatoria aínda non está pechada e haberá que esperar ao sábado para saber que xogadores viaxarán co equipo, sendo dúbida Eneko, Dalisson ou Mario, que terminaron con molestias o encontro no Vao e, "en principio, temos que valorar. Algúns fixeron a semana normal e a outros os tivemos que ir dosificando. Non é 100% pero seguramente pechemos a convocatoria con xogadores do filial".