O pontevedrés Fiuza e o asturiano Bouzán tetracampeóns do Descenso do Sella

Pontevedra
03 de agosto 2013

O pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza e o asturiano Walter Bouzán impuxéronse, por cuarta vez consecutiva, no Descenso Internacional do Sella, do que se disputaba a 77 edición. Fiuza e Bouzán completaron o percorrido nun tempo de 1 hora, seis minutos 26 segundos, confirmando dende o arranque da proba a súa condición de favoritos

O pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza e o asturiano Walter Bouzán impuxéronse, por cuarta vez consecutiva, no Descenso Internacional do Sella, do que se disputaba a 77 edición.

Fiuza e Bouzán completaron o percorrido nun tempo de 1 hora, seis minutos 26 segundos, confirmando dende o arranque da proba a súa condición de favoritos.

Arrancaron moi fortes "tiñamos confianza en que se enganchabamos auga poderiamos chegar ben abaixo, arriscariamos", asegurou Álvaro Fernández Fiuza ao chegar á liña de meta "queriamos arriscar, e ao final saíu todo xenial, perfecto", engadiu.

De novo miles de persoas animaron os participantes dende a saída na ponte de Arriondas.

Esta edición do descenso do Sella estivo dedicada á candidatura olímpica Madrid-2020.