O pontevedrés Pablo García viaxa a Niza a disputar as series mundiais de loita praia

Pontevedra
02 de xullo 2022

O loitador do Club Loita Pontevedra viaxou á cidade francesa acompañado das tamén galegas Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces, +70 kg) e da árbitra Nerea Vila Fernández

Pablo García, Noelia Lalín e Nerea Vila, en Niza
Pablo García, Noelia Lalín e Nerea Vila, en Niza / Federación Galega De Loita

O pontevedrés Pablo García é un dos representantes españois no terceiro ranking das series mundiais de loita praia que se está celebrando en Niza, Francia.

O loitador do Club Loita Pontevedra viaxou á cidade francesa acompañado das tamén galegas Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces, +70 kg) e da árbitra Nerea Vila Fernández.

A competición estase desarollando nas praias de Saint Laurent du Var e é o terceiro evento de loita praia no que vai de ano. O anterior disputouse na praia de Silgar, en Sanxenxo, onde Lalín proclamouse subcampioa e Pablo García finalizou cuarto.

Participando neste evento, os galegos buscarán sumar o maior número posible de puntos para clasificarse para os Xogos de Verán que se disputarán en Bali o próximo ano.

A tempada de praia finalizará tras as xornadas en Katerini (Grecia) e Constanta (Romanía).