As opcións pola permanencia en Terceira División para o Ribadumia acabáronse. O equipo aurinegro, que xa estaba en situación límite e estaba obrigado a gañar, non fixo os deberes na súa visita ao Arzúa e caeu por 3-1, o que supón que a tempada que vén xogará en Preferente.
Obrigados a gañar, os xogadores de Luís Carro afrontaron o partido ante o terceiro clasificado como unha auténtica final aínda que o resultado a reflectir sexa o contrario. Adiantouse o Arzúa con gol de Iván García aos seis minutos de xogo, e non foi ata despois do paso polos vestiarios cando o Ribadumia igualou o partido. Desde o punto de penalti, Javi Domingo enviou o balón á rede colocando de novo as táboas no marcador.
Non tivo tempo de saborear o gol o conxunto visitante, que se atopou con outro gol de Iván García aos dous minutos. Un duro golpe que parecía que ía deixar tocada ao persoal.
Deu o Ribadumia un paso adiante, buscando o tanto que dese outra vez o empate. Con todo, o gol non quería entrar por máis que o tentasen.
Tivo máis fortuna Pedro Delgado no minuto 82. Este gol se que caeu como unha laxa encima do equipo de Luís Carro, que quedou sen tempo para remontar e sen opcións de sacar algún punto da súa visita a O Viso.
Consulta a acta do Arzúa-Ribadumia