O Ribadumia cede nos minutos finais ante o Choco (0-1)

O Salnés
24 de abril 2016

Un gol de Óscar Pérez no minuto 82 acabou coa resistencia do Ribadumia e prolonga a súa pelexa pola permanencia

Partido entre Ribadumia e Barco na Senra
Partido entre Ribadumia e Barco na Senra / Diego Torrado

Terá que seguir pelexando pola permanencia o Ribadumia nas últimas xornadas de liga, ante o arrastre que supoñería un posible descenso do Compostela.

O cadro aurinegro plantou cara a todo un aspirante ao play-off como o Choco, pero terminou cedendo nos minutos finais (0-1).

Un gol de Óscar Pérez no minuto 82 premiou aos visitantes e botou por terra o bo traballo dos da Senra, que mostraran ata o momento a súa versión máis aguerrida e esperaba a súa oportunidade para perforar a meta rival.

A derrota deixa ao Ribadumia na duodécima praza con 42 puntos, tres de vantaxe sobre a posible zona de arrastre.

Consulta aquí o acta do partido.