Non puido sacar nada positivo o Ribadumia da súa visita a Ribadeo. Os locais, que levaban sen gañar seis partidos, encontraron no mal estado do terreo de xogo do Pepe Barrera un aliado que obrigou os de Gabi Leis a buscar o fútbol en longo en lugar das accións de xogo combinativo.
Por se fose pouco, os visitantes topáronse co longueiro nun remate de Changui, que puido supoñer o que sería un merecido empate, tras encontrarse con dous goles de desvantaxe.
Cris sería o artífice da vitoria local, ao conseguir os dous goles do Ribadeo. O primeiro ao aproveitar un rexeitamento de Javi Sánchez, a disparo de Javichu dende dentro da área, e o segundo xa no segundo tempo.
Os aurinegros fóronse arriba en busca de reducir distancias e conseguírono por medio de Sylla, nun remate de cabeza. Logo viría o disparo ao longueiro de Changui, que puido supoñer o empate e, xa no desconto, un gol anulado aos locais, por foro de xogo de Miguel Gomes.
RIBADEO FC (2): Kiko, Koki, Isma, Brais (Fernando, min. 51), Álex, Vilela, Rafa, Andrés, Cris (Miguel Gomes, min. 66), Santi e Javichu (Jacob, min. 80).
CD RIBADUMIA (1): Javi Sánchez, Nelo (Bisti, min. 45), Adrián Padrón, Miguel Vázquez, Arán, ÿscar Guimeráns, Sidibé, Álex Gómez (Isma, min. 68), Sylla, Changui e Martín (David Pérez, min. 68).
Árbitro: Alexandre López Vila. Amoestou a Álex polo Ribadeo, e a Nelo, Adrián Padrón e ÿscar Guimeráns, polo Ribadumia.
Goles: (1-0) Minuto 14: Cris. (2-0) Minuto 61: Cris. (2-1) Minuto 73: Sylla.
Incidencias: Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo). Uns 150 espectadores.