O Ribadumia presenta a Charles e Pablo González e avanza con paso firme na composición do plantel

O Salnés
02 de xullo 2020
Actualizado: 16:12

O central, que a pasada campaña defendeu a camiseta do Rápido de Bouzas, é a primeira fichaxe dos aurinegros para o que será o seu regreso a Terceira División

Pablo González na súa presentación como xogador do Ribadumia CD Ribadumia

Aínda queda moito para que o balón volva rodar para a maioría dos equipos, pero o Club Deportivo Ribadumia avanza con paso firme na composición do plantel coa que retornará á Terceira División.

Despois de asegurar a continuidade de Luís Carro no banco e de boa parte do bloque que conseguiu o ascenso, agora a entidade aurinegra empezou coas fichaxes.

Así, a primeira incorporación é a de Pablo González. O central, ex-xogador entre outros do Pontevedra, foi presentado este mércores como novo xogador do Ribadumia, ao que chega procedente do Rápido de Bouzas. Mentres que con Charles, que chega do Pontellas, fixo o propio este xoves.

Con eles son xa 14 os futbolistas confirmados polo club, ao unirse ás renovacións de Fran Fandiño, Santi, Eloy Conde, Monchito, Diego Abal, Paco, Miguel Vázquez, Cheri, Roberto Pazos, Óscar, Hugo Soto e Dieguito.