O Ribadumia rabuña un punto en O Morrazo (1-1) nun final de infarto

O Salnés
25 de xaneiro 2015

Final de infarto para un partido emocionante cheo de alternativas na primeira parte e algo máis trabado na segunda, que tivo un desenlace imprevisto no que o Ribadumia conseguiu salvar un punto de forma case milagrosa

Partido entre Ribadumia e As Pontes na Senra
Partido entre Ribadumia e As Pontes na Senra / Diego Torrado

Final de infarto para un partido emocionante cheo de alternativas na primeira parte e algo máis trabado na segunda, que tivo un desenlace imprevisto no que o Ribadumia conseguiu salvar un punto de forma case milagrosa.

Os de Gabi Leis saíron máis entonados, sempre con Changui como protagonista das primeiras ocasións, que non terminaron en gol de milagre, mentres ao Alondras custáballe meterse no partido.

A polémica chegaba pasada a media hora de xogo, cun gol anulado ao Ribadumia por fóra de xogo. De aí pasouse ao gol local, nun lanzamento de esquina a cargo de Leiro que remata de cabeza Rubén Comesaña. Aínda puido empatar o Ribadumia antes do descanso, pero entre Changui e Ismael esfumouse a ocasión.

A segunda parte foi máis trabada, con numerosas faltas e poucas ocasións serias ata os minutos finais, nos que o partido volveuse tolo. O Ribadumia foise arriba, o que permitiu as contras locais que puideron sentenciar cando Gustavo remata ao poste.

E do posible 2-0 pasouse ao empate, a falta de dous minutos. Changui lanza unha falta poñendo o balón na mesma escuadra.

Pero o partido non estaba terminado e xa no tempo engadido Mauro é derribado no área. O colegiado decreta penalti. O mesmo Mauro asume a responsabilidade do lanzamento, pero o balón fóiselle arriba, permitindo ao Ribadumia sumar un punto con sabor a vitoria.

ALONDRAS CF (1): Martín; Pitu, Rubén Comesaña, Chichi, Toni, Abel, Iván (Adrián Freire, min. 54), Leiro, Gustavo, Pablo Berros (Javi, min. 83) e Mauro.

CD RIBADUMIA (1): Javi Sánchez; Pacheco (Nelo, min. 72), ÿscar Río, Miguel Vázquez, Aram, ÿscar Guimeráns, Sidibé (David Pérez, min. 65), Álex Gómez, Sylla, Changui e Ismael (Martín Barreiro, min. 53).

Árbitro: Gonzalo Villanueva Carballo (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Arturo Díaz Álvarez e ÿscar López Rodríguez. Amoestou a Gustavo, Pablo Berros, Mauro, Javi e Adrián Freire, polo Alondras, e a Ismael, Álex Gómez, ÿscar Guimeráns, Sylla, Martín Barreiro e Nelo, polo Ribadumia.

Goles: (1-0) Minuto 37: Rubén Comesaña. (1-1) Minuto 88: Changui.

Incidencias: Campo Municipal de O Morrazo (Cangas do Morrazo). Uns 550 espectadores.