Salvou un empate o Ribadumia ante o Pontellas ao remontar un 2-0 co que se chegou ao descanso. Fran Fandiño e Dieguito, apareceron na segunda metade para igualar a contenda e dar un punto moi valiosa ao conxunto aurinegro.
Os de Luís Carro tiveron que sufrir este domingo a domicilio nun partido que se puxo costa arriba no primeiro tempo.
Adiantouse o Pontellas cun golazo de Nando no minuto 25. O xogador local aparecu no primeiro pau para rematar de espuela un saque de esquina e poñer o esférico na escuadra do segundo pau da portería de Rober Pazos.
Parecía que ao descanso chegaríase co 1-0, pero o goleador local encarrilou aos locais. Nando recuperou o balón na frontal da área rival e sacou un zapatazo que previamente tocou no traveseiro para despois coarse na portería, onde o gardameta aurinegro non puido chegar.
Tivo que traballar o Ribadumia para atoparse co gol. Non foi ata o minuto 65 nunha xogada sen aparente perigo, cando lograron recortar distancias por medio de Fran Fandiño.
Seguiron remando os de Luís Carro para facer o gol do empate e, cando quedaban 3 minutos máis a prolongación para a conclusión do encontro, Dieguito apareceu para rematar un centro desde a dereita e superou a Aaron Puente para asinar o 2-2 co que se alcanzou o asubío final.
Consulta a acta do Pontellas-Ribadumia