Segue o Ribadumia cumprindo coa chamada "media inglesa", encadeando vitorias con empates e sumando xa nada menos que sete xornadas sen coñecer a derrota. Esta vez os de Sierra sorprenderon ao Boiro en Barraña conseguindo un punto de ouro que lles serve para manterse fóra dos postos de descenso.
Comezou moi ben o Ribadumia, que se adiantaba no marcador aos 12 minutos cun gol de Changui, facendo sobrevoar a sombra da sorpresa sobre Barraña.
Os de José Luis Lemos lanzáronse ao ataque conseguindo empatar pouco despois da media hora, nun balón que aproveitou Jorge Cano.
Na segunda parte a iniciativa correspondeu aos locais, aínda que ambos os equipos tiveron ocasións de inclinar a balanza ao seu favor. O Ribadumia defendeuse con orde, aínda que sufriu ata o final, para terminar sumando un valioso punto nun dos campos máis complicados da categoría.
Consulta aquí o acta do partido.