O partido de oitavos de final da Copa da Raíña que debe enfrontar ao Poio Pescamar co Sala Zaragoza, actual décimo clasificado en liga na Primeira División, está no aire tras a rolda de test de covid realizada ás xogadoras de ambos os dous planteis.
Mentres as vermellas superaron sen contratempos o trámite este luns antes de regresar aos adestramentos, o seu rival copeiro detectou 4 casos positivos en coronavirus de xogadoras e un máis no seu corpo técnico.
Esa situación levoulle a solicitar formalmente ao Comité de Competición o aprazamento do encontro que debía disputarse o vindeiro domingo 9 de xaneiro (12.00 horas) na capital maña, cun billete para a fase final do torneo en xogo.
COMUNICADO | Solicitud de aplazamiento del partido de Copa de la Reina
— Sala Zaragoza (@SalaZaragoza) January 4, 2022
https://t.co/8SmANfUiRw#SalaZaragoza pic.twitter.com/ZCSWePqzLn
SEN POSITIVOS NO MARÍN FUTSAL
Tamén o Marín Futsal volveu ao traballo coa mente posta na Copa da Raíña.
O conxunto adestrado por Raúl Jiménez debe enfrontarse o vindeiro sábado 8 (12.30 horas) en terras catalás ao CD La Concordia, equipo da Segunda División.