O Sequelo e San Narciso, preparados para o IV Torneo de Seleccións Mini de baloncesto

Marín
21 de febreiro 2017

As seleccións autonómicas de mini basquet, masculinas e femininas, de Galicia, Esukadi, Castela-León e Asturias daranse cita na competición os días 25 e 26 de febreiro

Presentación do Torneo de Seleccións Mini en Marín PontevedraViva

Marín prepárase para vivir durante o fin de semana, os días 25 e 26 de febreiro, a emoción do mellor baloncesto de base co IV Torneo de Seleccións Mini.

Os equipos, masculinos e femininos, de Galicia, Asturias, Euskadi e Castela-León daranse cita no torneo.

Pola coincidencoia cunha competición de ximnasia na Raña, a competición masculina celebrarase no pavillón do Sequelo e a feminina no colexio San Narciso.

"Por segundo año consecutivo se celebra en Marín por la confianza de la Federación", agradeceu o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, na presentación do evento.

O Torneo de Seleccións Mini é unha das competicións previstas no convenio asinado recentemente coa Federación Galega de Baloncesto, na que o prato forte será o Campionato de España Infantil Feminino do 10 ao 17 de xuño.