O Supermercados Froiz afronta unha montañosa Volta a Cantabria

Pontevedra
01 de setembro 2021

A escuadra alimenticia forma un equipo de especialistas na escalada para facer fronte a unha carreira de tres etapas infestada de portos de montaña

Pablo Alonso, ciclista do Supermercados Froiz
Pablo Alonso, ciclista do Supermercados Froiz

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz afronta desde este xoves A Volta a Cantabria. Unha carreira de tres etapas na que os corredores alimenticios buscarán o triunfo nunha competición na que se prevé un nivel moi alto despois do parón de 15 días no calendario nacional.

A primeira etapa consta de 150 quilómetros con saída e meta en Maliaño e con dous pasos polo Alto de Allo e o Alto de Churi, ambos de terceira categoría. A segunda etapa celébrase na contorna de Vioño cun terreo moi escarpado que inclúe tres ascensións de terceira categoría. A terceira e definitiva etapa transcorre entre Puente Risco e Cuevas do Monte Castelo, 148 quilómetros con dúas ascensións finais a portos de segunda categoría. 

Para esta carreira montañosa, o director deportivo Evaristo Portela convoca a un equipo de escaladores entre os que están Ivan Martinez, Javier Chacon, Manuel Rodriguez, Roberto Mediero, Victor Etxeberria e Pablo Alonso, recentemente chegado da súa concentración de 15 días en Andorra para afrontar o que resta de tempada sendo Volta a Galicia o gran obxectivo.