O Supermercados Froiz segue metido de cheo na tempada e esta fin de semana afronta unha nova carreira na que aspiran subirse ao máis alto do caixón. O conxunto alimenticio disputa os días 3 e 4 de agosto a cadraséximo sexta edición da Volta a Ávila que organiza o clube Las Hervencias.
Nos últimos anos, o grupo que dirixe Evaristo Portela físoxe co título en seis ocasións. A dureza dos portos de Navarrevisca, Serranillos, La Panamera ou El Tiemblo fan desta competición unha carreira propicia para os escaladores e nese campo o candro pontevedrés ten verdadeiros especialistas.
Portea escolleu un plantel nos que os de categoría elite terán maior protagonismo, mentres que os sub-23 os reservará para a cita da seguinte semana en Palencia. Deste modo tomarán a saída por parte do Supermercados Froiz: Ivan Martinez, Martin Lestido, Abel Franco, Carlos Amil, Jorge Suárez e Marc Pritzen, recén chegado dunha concentración en altura.