O Supermercados Froiz regresa á competición en Portugal

Pontevedra
29 de agosto 2022

O equipo ciclista participa desde este luns no Gran Premio Jornal das Noticias do país luso no que compiten corredores do circuíto profesional

Ciclistas do Supermercados Froiz que participan no Gran Premio Jornal das Noticias
Ciclistas do Supermercados Froiz que participan no Gran Premio Jornal das Noticias / G. D. Supermercados Froiz

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz regresa á competición despois dunhas semanas de parón no calendario. A escuadra alimenticia desprazarase a Portugal para participar no Gran Premio Jornal das Noticias, unha carreira de sete etapas na que competirán ciclistas profesionais.

A cita arrinca este luns cunha contrarreloxo, á que lle seguirán seis días con probas de fondo.

Os sete elixidos por Evaristo Portela para participar nesta competición son Jose Eduardo Autran, Daniel Jimenez, Isaac Cantón, Neo Martínez, Alejandro Gomiz e Manuel Rodríguez.

Doutra banda, é destacable a actuación de Bryan Obando coa selección de Ecuador no Tour del Porvenir de Francia, onde se destapou como un dos homes máis combativos na alta montaña.