O Surf Rías Baixas Pro 'sobe de categoría' e convértese nun campionato internacional absoluto

O Salnés
22 de xaneiro 2014

Así o anunciaron este mércores o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada Begoña Estévez, nunha rolda de prensa na que subliñaron a aposta da Administración provincial polo turismo deportivo, como unha forma máis de desestacionalizar e dinamizar o sector. O obxectivo é consolidar a costa pontevedresa e o destino Rías Baixas como un referente para o surf no noroeste peninsular

Presentación do Surf Rías Baixas Pro na Deputación de Pontevedra
Presentación do Surf Rías Baixas Pro na Deputación de Pontevedra / Deputación de Pontevedra

A praia da Lanzada volverá ser escenario dunha competición de surf ao máximo nivel. O Surf Rías Baixas Pro cambia de categoría. Deixa de ser unha proba junior como o ano pasado e convértese nun campionato absoluto. Traerá á provincia de Pontevedra a máis dun cento de deportistas de 19 países, entre eles algúns dos mellores surfistas do mundo. Será do 9 ao 13 de abril, a fin de semana anterior á Semana Santa.

Así o anunciaron este mércores o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada Begoña Estévez, nunha rolda de prensa na que subliñaron a aposta da Administración provincial polo turismo deportivo, como unha forma máis de desestacionalizar e dinamizar o sector. O obxectivo é consolidar a costa pontevedresa e o destino Rías Baixas como un referente para o surf no noroeste peninsular.

Tralo éxito do ano pasado, la Asociación de Surfistas Profesionais (ASP), con sede en París, ofreceu a Pontevedra a organización dunha das probas do calendario da ASP puntuables para o campionato mundial. Levará o nome de Surf Rías Baixas Pro, e é un Star Event, é dicir, forma parte do que son as series clasificatorias mundiais. Disputarase tanto a categoría feminina como a masculina e, no ránking que establece a ASP será un evento de 1 estrela.

Entre os participantes, haberá surfistas de Irlanda, Alemaña, Holanda, Noruega, Suecia, Portugal, Marrocos, Italia, Francia, Reino Unido, Arxelia, Israel, e de puntos máis remotos como Illa Reunión, Polinesia Francesa ou Illas Galápagos, entre outros.

Segundo explicou Begoña Estévez, esta asociación valorou "as condicións do mar, da praia e a boa organización" do campionato anterior, no que se programaron multitude de actividades paralelas, combinando deporte, gastronomía, xogos e música.

1.000 BAUTISMOS DE MAR

A intención da Deputación é que tamén este campionato sirva para a programación de múltiples actividades, entre as que se baralla a posibilidade de convidar aos nenos dos colexios de O Salnés a participar nos bautismos de mar, igual que na pasada edición se fixo cos das escolas deportivas. Foron máis de 900 nenos, 42 clubs e 100 monitores os que participaron nestes bautismos de mar, que superaron os 1.000.