O Taekanart recibe a máis de 300 deportistas para o Open Cidade do Lérez

Pontevedra
01 de xuño 2019

A competición, que este ano chega á súa oitava edición, conta para a definición do ránking galego con vistas á formación das seleccións que irán ao Nacional

Maís de 300 deportistas no Open de Taekwondo do Príncipe Felipe.
Maís de 300 deportistas no Open de Taekwondo do Príncipe Felipe. / Diego Torrado

Máis de 300 deportistas (316) de 23 clubs procedentes de diferentes lugares de Galicia participaron este sábado no Open Cidade do Lérez. A cita organizada polo Taekanart cumpriu este ano a súa oitava edición. Os resultados do evento contan para a definición da clasificación galega, que decidirá a formación das diferentes seleccións galegas, que participarán nos campionatos de España.

A actividade comezou xa de mañá. Ao redor das 9:00 horas, os taekwondistas, neste caso de categorías absoluta, cadete e infantil, xa ocupaban os seus lugares nas seis pistas dispostas no pavillón do Príncipe Felipe.

Despois de comer, a partir das 16:00 horas, foi a quenda dos cruces entre deportistas alevíns e juniors. Ademais, a competición contou cos medios electrónicos actuais (cascos, petos e vídeo-replay), que favoreceron o bo desenvolvemento da xornada.