O Teucro, a poñer fin ao seu mal fario fóra da casa ante un Ciudad Encantada "enrabietado"

Pontevedra
18 de febreiro 2016

Os azuis viaxan a Cuenca coa sensible baixa de Gonzalo Carró, sancionado, para tentar conseguir dous puntos vitais na súa loita pola permanencia. O partido disputarase ás 20:30 horas do sábado

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

Importante cita a que afronta este sábado (20:30 horas, Movistar+) en Cuenca a Sociedad Deportiva Teucro na súa loita por salvar a categoría.

Os azuis visitan a cancha do Ciudad Encantada convencidos de porde sumar o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada na liga Asobal, unha cuestión que se converteu case en obrigación porque "abajo están sumando todos los equipos y nosotros también queremos sumar para alejarnos lo que podamos del descenso", recoñece José Manuel Rial.

Quique Domínguez: "Será un partido disputado, intenso y duro por momentos"

Quique Domínguez espera atoparse a un rival "enrabietado" tras as súas últimas derrotas e un pavillón no que "el público aprieta mucho", polo que prevé un partido "disputado, intenso y duro por momentos".

Nesa loita o cadro teucrista botará en falta a Gonzalo Carró no pivote e sobre todo en tarefas defensivas, sancionado cun partido tras a súa descualificación ante o Go Fit.

Será a única baixa dos azuis, xa que García Pichel adestra "con normalidad" e Chapela, a pesar dos seus problemas no ombreiro, "está haciendo un esfuerzo para estar con el equipo", sinalou o preparador pontevedrés.

No Ciudad Encantada a principal dúbida é o estado físico de Víctor Frade, xa que unhas molestias nas costas impediron adestrar durante a semana ao pivote galego.

O partido será arbitrado polo asturiano José Luis Fernández Fernández e o madrileño Antonio Martín Franco.