O Teucro, a repetir xesta en "una de las pistas más complicadas de la categoría"

Pontevedra
12 de outubro 2018

Os azuis, despois da súa vitoria ante o Ademar, buscan estrearse esta tempada a domicilio na pista do sempre complicado Granollers (sábado, 17:45 horas), cancha na que xa gañaron o curso pasado. Será o primeiro dos tres partidos que deberán disputar nunha semana entre liga e Copa do Rei

Acto promocional do Teucro na Peregrina
Acto promocional do Teucro na Peregrina / Mónica Patxot

Volve a competición para a Sociedad Deportiva Teucro, que este sábado (17:45 horas) inicia en Granollers o seu particular maratón e peregrinación dunha semana, e é que en apenas sete días os azuis deberán afrontar tres encontros a domicilio entre liga e Copa do Rei.

O primeiro deles, o Granollers, pasa por ser un dos grandes equipos da competición, a pesar de que comezou o curso con números máis discretos dos esperado (oitavo con 5 puntos).

Os pontevedreses fíxanse no espello do pasado ano, cando venceron na pista catalá, unha das "más complicadas de la categoría", recoñece Luís Montes, aínda que "es otra historia, porque ellos han cambiado y nosotros también", sinala o técnico.

A vitoria ante Ademar serviu de revulsivo para o plantel teucrista, aínda que "no vamos a caer en el error de pensar que somos mejores por haber ganado", xa que "sabemos que tenemos que competir cada partido al límite", admite Montes.

O Teucro viaxa este venres en avión "en principio sin bajas", recoñeceu o preparador pontevedrés despois de poder dar varios días de descanso ao equipo ao contar con 10 días de marxe desde a última xornada e tendo en conta o que vén por diante, xa que os azuis xogarán o mércores 17 de outubro Copa do Rei en Nava de la Asunción e o sábado 20 en Irún en liga. De feito teñen previsto non regresar a Pontevedra tras o choque de Copa e dirixirse directamente ao País Vasco.

Os colexiados encargados de arbitrar o duelo entre Granollers e Teucro serán os cataláns Escoda Pérez e Sánchez Bordetas.