Superados os festexos polo ascenso á máxima categoría, a Sociedad Deportiva Teucro volve á realidade ligueira para afrontar con "respeto hacia nosotros y los equipos que se están jugando algo" as dúas últimas xornadas da División de Honra Prata.
Así valora o adestrador pontevedrés, Quique Domínguez, o estado de ánimo do equipo, que se despraza este sábado a Alcobendas (18:00 horas no Pabellón Municipal de los Sueños) convertido en xuíz da competición.
O papel dos azuis resultará determinante ao estar inmerso o conxunto madrileño na loita por entrar no play-off de ascenso, que ten a un punto de distancia.
O preparador teucrista asegura que "viajamos con toda la intención del mundo de poder ganar" aínda que esta semana o traballo fose máis lixeiro do habitual e para motivar aos seus ponse a meta de rematar a liga con 52 puntos, o mellor rexistro dun equipo nas últimas tempadas.
Tamén Ricardo Amérigo aposta por manter a concentración e o ritmo competitivo aínda que "insconscientemente bajas un poco", recoñece.
Quique Domínguez poderá contar para a cita con todo o plantel á súa disposición, a excepción dun César Armán que tras superar a súa longa lesión podería reaparecer na última xornada do campionato, ante o Palma del Río no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.