O Teucro busca prolongar a súa serie positiva contra o Cañiza

Pontevedra
10 de marzo 2023

Os azuis disputan este domingo ás 12 horas un derbi provincial contra un equipo que foxe da zona de descenso con dúas vitorias consecutivas

Partido entre Teucro e Ingenio no Pavillón Municipal
Partido entre Teucro e Ingenio no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

O Teucro enfróntase este dominngo ás 12 horas no Municipal ao Cañiza nun partido no que os azuis tratarán de prolongar a súa serie positiva, que alcanza os cinco partidos sen perder.

Os de Irene Vilaboa xogan o seu partido en xornada dominical porque o Pavillón Municipal atópase ocupado o sábado pola celebración do campionato de España de baile.

Con todo, o rival non o poñerá fácil. O conxunto do sur da provincia suma dúas vitorias consecutivas que o sitúan nunha cómoda posición en metade de táboa con dous puntos sobre o descenso.

Nunha posición máis desafogada atópanse os pontevedreses, que marchan nunha cómoda novena posición con 21 puntos, lonxe dos postos de descenso.

O outro equipo da cidade, o Cisne descansa esta semana polo parón da liga Asobal.