O Teucro busca recuperar o seu mellor nivel no derbi ante o Academia Octavio

Pontevedra
21 de febreiro 2015

Os azuis non estarán sós en Navia (domingo 12:00 horas) ao completarse o autobús de afeccionados posto a disposición polo club pontevedrés

Dani Hernández, Carlos García-Alén e Quique Domínguez PontevedraViva

O Pavillón de Navia vestirase de gala para recibir o derbi provincial de balonmán entre Academia Octavio e Sociedad Deportiva Teucro (domingo 12:00 horas).

Os azuis non estarán sólos ao completarse o autobús de afeccionados posto a disposición polo club pontevedrés, ao que hai que sumar os seguidores que se desprazarán en coches particulares.

Todo por ver o líder da División de Honra Prata nun encontro no que a clasificación pouco importará. Así o entende o adestrador teucrista, Quique Domínguez, ao tratarse dun duelo de rivalidade no que pouco conta o feito ata agora, pois espera "un partido reñido, disputado y con mucha intensidad".

Domínguez conta cun ritmo alto de partido ante un Octavio "que está corriendo muy bien, haciendo transiciones rápidas que le dan goles fáciles", polo que espera recuperar a mellor versión do seu equipo na busca de dous puntos que lle permitan manter a súa cómoda renda á fronte da calsificación.

David Chapela seguirá de baixa, ao igual que César Armán, perdéndose o encontro, mentres Carlos Pombo podería ter os seus primeiros minutos despois da lesión sufrida na súa man.