O Teucro busca "sin excusas" en Aranda de Duero o seu primeiro triunfo a domicilio

Pontevedra
30 de outubro 2015

Os azuis visitan este sábado (20:30 horas, Movistar +) a un Villa de Aranda que só perdeu un partido de liga, en Puente Genil. "Es un partido que podemos y necesitamos ganar", asegura o pivote Samuel Gómez

Tempo morto do Teucro no partido ante o Ademar Diego Torrado

Segundo desprazamento en poucos días para unha Sociedad Deportiva Teucro que deixou atrás o tropezón copeiro en Irún para centrase nun novo obxectivo, o seu primeiro triunfo a domicilio en liga.

Os azuis visitan este sábado a cancha do Villa de Aranda (sábado 20:30 horas, Movistar +) convencidos das súas posibilidade e "sin excusas" polo cansazo acumulado.

"Sabíamos que esta semana tenía exigencias y kilómetros, pero es lo que tiene jugar en la élite", asegurou Quique Domínguez na rolda de prensa previa ao choque.

Xunto a el estaba Samuel Gómez, que ve no partido de Aranda de Duero un choque "que podemos y necesitamos ganar".

Non será un obxectivo sinxelo, tendo en conta que o Villa de Aranda só encaixou unha derrota en liga, ante o Puente Genil, e que "no es la pista más propicia", defende o técnico azul, que ve como unha das claves "tener mucho cuidado con sus contraataques", ademais da defensa sobre tres dos máximos goleadores de Asobal como Javier Muñoz, Oswaldo e Moyano.

Na expecición teucrista, que viaxa o mesmo sábado, estarán David Chapela e Edu Moledo a pesar das molestias físicas que padeceron nos últimos días.

Os colexiados do encontro serán os asturianos Martín Franco e Fernández Fernández.