O Teucro cae en Guadalajara e xa pensa na loita pola permanencia (38-30)

Pontevedra
26 de febreiro 2022

Derrota un tanto intranscendente a da Sociedad Deportiva Teucro na súa visita ao Guadalajara. Os de Irene Vilaboa, a pesar de comezar mandando no marcador e atoparse cómodos na cancha, terminaron cedendo por un 38-30

Partido entre Teucro e Guadalajara no Pavillón Municipal
Partido entre Teucro e Guadalajara no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

Derrota un tanto intranscendente a da Sociedad Deportiva Teucro na súa visita ao Guadalajara. Os de Irene Vilaboa, a pesar de comezar mandando no marcador e atoparse cómodos na cancha, terminaron cedendo por un 38-30.

Unha semana despois de caer no Pavillón Municipal ante este mesmo rival, o Teucro saíu á cancha coñecedor de que non se xogaba nada pero necesitaba recuperar boas sensacións para a segunda fase da División Honra Prata, na que disputarán a permanencia na categoría.

Liderado por unha acertada liña de ataque e unha boa defensa, o conxunto pontevedrés púxose ao choio para conseguir unha pequena renda de 3 goles aos seis minutos de xogo (4-7), que lle permitiu levar a iniciativa no marcador durante un cuarto de hora ata o Guadalajara conseguiu, non só reducir distancias, senón dar a volta ao marcador (12-11).

O equipo de Pontevedra apagouse a partir dese momento, aproveitando os locais para facer o seu xogo e irse ao descanso co marcador ao seu favor despois dun tempo morto pedido polo seu adestrador que lles serviu para endosar un parcial de 3-0 (18-15).

Despois do paso polos vestiarios, o conxunto de Guadalajara non baixou o ritmo, mentres o Teucro, impasible, vía como o seu rival colocábase con ata 10 goles de diferenza aos 12 minutos da segunda metade (28-18).

Mellorou a situación o conxunto de Irene Vilaboa reducindo distancias en parte grazas aos acertados Álex Pereiro (7) e Caue Herrera (6 goles), pero os da Mancha, co partido xa decantado ao seu favor, só tiveron que aguantar para levar a vitoria por 38-30.