O plano deportivo queda nun segundo plano na Sociedad Deportiva Teucro ante a complicada situación que está a atravesar un dos seus xogadores máis queridos, o seu capitán Marko Dzokic.
"Tras varias operacións, probas, revisións e incerteza confírmase a baixa temporal de Marko Dzokic por cancro testicular", confirmou o club pontevedrés.
A entidade teucrista dirixiu ánimos para a primeira liña afirmando que "estamos contigo, agora máis que nunca a familia azul nunca che soltará a man".
Marko Dzokic aterrou hai só tres tempadas no Teucro, no verán de 2019, pero desde o principio sentiu plenamente identificado polo equipo no que tamén xogou o seu pai décadas atrás, Goran Dzokic, feito polo que o seu lugar de nacemento é a propia cidade de Pontevedra.
Ao longo destas tres tempadas ademais o xogador afrontou unha complicada lesión de xeonllo, chegando a xogar moitos partidos con dor ante a negativa da mutua a tratar a súa doenza, en todo un exemplo de compromiso.