A SD Teucro fai oficial a firma dun novo contrato de patrocinio. A empresa Reale Seguros convértese en novo espónsor do conxunto azul e aínda que a súa colaboración será de gran axuda para toda a estrutura do club, o obxectivo deste acordo é o de dar "espazo, visibilidade e apoio a todas aquelas mulleres e nenas que queiran facer balonmán na coidade de Pontevedra", explican desde a entidade.
Outro aspecto deste convenio está relacionado coa proxección do club porque o escudo do Teucro estará presente en todos os actos oficiais da aseguradora en materia de igualdade.
Así mesmo, Reale Seguros estará presente nun dos equipos da estrutura feminina do club ao converterse en patrocinador principal do equipo cadete.
"Desde a SD Teucro estamos moi comprometidos coa igualdade tanto en homes como en mulleres e por iso consideramos que a firma deste convenio é un paso firme para seguir camiñando cos nosos valores, desta forma, estamos convencidos que os éxitos chegarán moi pronto", rematan desde o club.