Viveiro será a sede esta fin de semana da fase final da Copa Galicia de balonmán, na que estará a Sociedad Deportiva Teucro defendendo o título que logrou a pasada tempada.
Será a última proba de nivel dos pontevedreses antes de iniciar a liga o día 4 de setembro ante o Guadalajara.
Os azuis clasificáronse para a final a catro da Copa Galicia tras vencer con comodidade en cuartos de final ao Balonmán Chapela, nun encontro disputado este xoves (29-39).
Agora o Teucro xogará unha das semifinais o sábado ante o Academia Octavio vigués, que superou en cuartos ao Seis do Nadal.
A outra semifinal enfrontará o outro equipo galego da máxima categoría, o Cangas, coa gran sorpresa, un Atlético Novás que venceu pola mínina ao Cisne (29-28).
A final da Copa Galicia xogarase o domingo ás 12:30 horas.