Non estará só o Teucro no seu desprazamento da próxima fin de semana a Vigo, onde os azuis afrontarán o derbi provincial ante o Academia Octavio.
Ante a expectación levantada polo partido e pola inmellorable situación do equipo na táboa, a entidade azul decidiu facilitar o desprazamento dos seus afeccionados poñendo á súa disposición unha viaxe organizada en autocar.
O custo da viaxe será asumido polo club pontevedrés, polo que os seguidores só deberán asumir o prezo da entrada, 10 euros para o público xeral e 5 euros infantil.
O partido disputarase o domingo 22 de febreiro no pavillón vigués de Navia ás 12:00 horas, polo que o autobús partirá do Municipal pontevedrés ás 10:30 horas.
Os interesados en reservar praza poden facelo a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 986 851 696.