O Teucro pon un autocar a disposición dos seus seguidores para acudir a Vigo

Pontevedra
18 de febreiro 2015

O derbi provincial ante o Academia Octavio xogarase o próximo domingo ás 12:00 horas no pavillón vigués de Navia

Afeccionados do Teucro durante o partido contra o Academía Octavio Diego Torrado

Non estará só o Teucro no seu desprazamento da próxima fin de semana a Vigo, onde os azuis afrontarán o derbi provincial ante o Academia Octavio.

Ante a expectación levantada polo partido e pola inmellorable situación do equipo na táboa, a entidade azul decidiu facilitar o desprazamento dos seus afeccionados poñendo á súa disposición unha viaxe organizada en autocar.

O custo da viaxe será asumido polo club pontevedrés, polo que os seguidores só deberán asumir o prezo da entrada, 10 euros para o público xeral e 5 euros infantil.

O partido disputarase o domingo 22 de febreiro no pavillón vigués de Navia ás 12:00 horas, polo que o autobús partirá do Municipal pontevedrés ás 10:30 horas.

Os interesados en reservar praza poden facelo a través do correo electrónico socios@teucro.com ou no teléfono 986 851 696.