O Teucro ponse a traballar co obxectivo de "ganarnos el cartel de favorito"

Pontevedra
01 de agosto 2016

Quique Domínguez dá por pechado o plantel teucrista, composto por 15 xogadores aos que se suman outros catro do filial durante a pretempada. O club ten pechados cinco encontros de preparación durante o verán, ao que se sumará a súa participación na Copa Galicia

Primeiro adestramento do Teucro 16/17
Primeiro adestramento do Teucro 16/17 / Cristina Saiz

Arrinca agosto e con el volve ao traballo a Sociedad Deportiva Teucro co obxectivo de regresar canto antes á máxima categoría do balonmán nacional.

É unha meta, pero "con todos los cambios somos bastante incógnita", recoñece Quique Domínguez, a quen lle gustase "que algúns xogadores continuasen".

Quique Domínguez: "Con todos los cambios somos bastante incógnita"

A pesar diso o técnico pontevedrés móstrase "optimista y confiando" e asegura que "vamos trabajar para ganarnos el cartel de favoritos" que moitos equipos outórganlle este ano.

Domínguez dá por pechado o plantel tras os últimos movementos, coas saídas de Víctor Rodríguez e Balenciaga e a chegada de Johnny Medina, e contará con 15 xogadores: Pichel, Carlos García, Samu Gómez, Edu Moledo, Rial, Dani Hernández, Iván Fernández, Román Pedreira, Medina (Aragón), Borja Méndez (Octavio), Ángel Iglesias (Octavio), Lloria (Octavio), Saúl Campo (Sinfín), Javi Santana (Villa de Aranda) e Juan Quintas (Octavio).

Ademais completarán a pretempada catro xogadores do filial: Carlos Gehrhardt, Héctor Gil, Sergio Altirriba e Felipe Lorenzo.

Durante as primeiras semanas de preparación os azuis adestraranse en dobre sesión, repartidas entre o Multiusos da Xunqueira e Marín polas obras no Municipal.

PECHADOS CINCO PARTIDOS AMIGABLES

Á espera de coñecer o calendario de competición na Copa Galicia, o Teucro pechou cinco partidos amigables durante o verán.

Un ano máis os equipos portugueses serán protagonistas na posta a punto dos azuis, empezando o 13 de agosto en Marín ante o Fafe. Tras ese encontro xogarán na Cañiza o día 18, ante o Ismai de Maia o día 20, ante o Avanca o 25 e contra o Porto o día 27 de agosto, estes dous últimos partidos en Pontevedra.