Desde o mesmo momento no que caeu lesionado, o Teucro mostrou abertamente a súa predisposición para ampliar o contrato de Johnny Medina, unha renovación que agora se converteu en realidade.
O club pontevedrés anunciou o acordo co pivote brasileiro, que seguirá defendendo as cores do equipo pontevedrés durante unha tempada máis.
Johnny Medina: "He de agradecer el apoyo que me está dando el club en estos momentos"
Medina, que se atopa á espera de ser operado para comezar coa recuperación da súa grave lesión de xeonllo, recoñeceu estar "muy contento con la renovación del contrato" nun momento no que debe afrontar unha longa recuperación, estimada en seis meses, "por eso he de agradecer el apoyo que me está dando el club en estos momentos", sinalou.
O xogador teucrista, a pesar de ser a súa primeira tempada no equipo, desempeñou un papel clave desde a defensa para que o Teucro teña na súa man o ascenso á máxima categoría, na que espera competir a próxima campaña.
"Creo que esta renovación es un acto de justicia. Se la ha ganado a pulso por su magnífico trabajo diario, por su extraordinario rendimiento sobre la pista y también por todo lo que aporta fuera de ella", valorou á súa vez o adestrador do equipo, Quique Domínguez.