Integrantes da Sociedade Deportiva Teucro fixeron entrega este xoves dos alimentos recadados durante a operación quilo organizada durante o último encontro da escuadra azul fronte ao Lavadores.
Ao longo da xornada, a iniciativa teucrista permitiu recadar máis de 100 quilos de alimentos non perecedoiros que acaban de entregar no colexio Doroteas, centro co que colabora o club de forma habitual.
Desde o centro educativo farán chegar agora todas estas doazóns a Cáritas para contribuír que ningunha familia pase fame.
Doutra banda, este mesmo xoves un grupo de xogadores realizou unha visita do Nadal ás oficinas do principal patrocinador do club, o Grupo Lirón.